Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Oroso convoca o Concurso de Postais de Nadal con Mensaxe


As postais gañadoras estarán a disposición dos veciños e veciñas a través da web municipal

O Concello de Oroso vén de convocar o seu tradicional concurso de postais de Nadal con Mensaxe, que está aberto a todos os veciños e veciñas de Oroso que desexen participar. O Concello de Oroso establece catro categorías: de 4 a 6 anos, de 7 a 9 anos, de 10 a 13 anos e maiores de 14 anos. O premio para o gañador de cada categoría será un lote de libros, así como a súa publicación na páxina web municipal, de xeito que poderán ser utilizadas polos veciños e veciñas para felicitar as festas.

Os participantes poden escoller tanto a técnica como os materiais ou o formato da postal, sempre que non exceda dun 21 x 15 centímetros. Aqueles que desexen participar terán que presentar as súas postais no centro cultural Fernando Casas e Novoa antes do 15 de decembro. Canda a postal, os concursantes presentarán un sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, idade e teléfono de contacto).

O xurado valorará non só a presentación, o esforzo e a orixinalidade da postal, senón tamén o contido da mensaxe e a calidade do galego empregado. A entrega de premios terá lugar xusto antes da recepción aos Reis Magos de Oriente do vindeiro 5 de xaneiro no centro deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro.